Quen somos?

Bicas de Trives, S.L foi creada en 1996 e desde entón seguimos o mesmo proceso na elaboración dos nosos produtos, que é prácticamente similar ao que se usaba hai case 50 anos. Substituíronse os traballos máis laboriosos utilizando os avances tecnolóxicos porén a elaboración segue sendo tan coidada e con tanto agarimo como outrora.

 

Bicas de Trives, S.L. conservou sempre un carácter familiar e unhs obxecivos moi claros:

  • – A elaboración de produtos artesáns.
  • – O uso de medios de produción e ingredientes naturais.
  • – O rexeitamento a conservantes, colorantes e outros produtos que non fan senón disfrazar o produto final.

 

Con todo aínda que a empresa é familiar ten tamén entre os seus obxectivos o de darse a coñecer a nivel nacional e con ela dar a coñecer a nosa terra e os sabores que aquí se esconden.

En Bicas de Trives, S.L. trabállase con produtos frescos e naturais, introducindo na medida do posible e camiñando cara a unha completa utilización de ingredientes ecolóxicos para potenciar ainda máis o sabor inconfundible dos produtos tradicionais.